CRTVG

Buscar

Amarra no porto exterior da Coruña un petroleiro cunha avaría mecánica

Publicado o 17/03/2019 20:31

Un petroleiro cargado con 37.000 toneladas de gasóleo amarrou no porto exterior da Coruña despois de sufrir unha avaría mecánica cando navegaba fronte á costa galega. A primeira hora da tarde este mercante de 176 metros de eslora e 11 de calado solicitou abrigo tras detectar un fallo no motor.

O Futura foi remolcado sen incidencias e agora terá que permanecer varios días en Punta Lagosteira para ser reparado.

Noticias web

17/03/2019