CRTVG

Buscar

Amancio Ortega será o caseiro de Amazon en España co alugueiro de sete plantas de Torre Cepsa

Publicado o 18/07/2019 10:49
Amancio Ortega será o caseiro de Amazon en España co alugueiro de sete plantas de Torre Cepsa

O fundador de Inditex, Amancio Ortega, converterase no caseiro de Amazon en España co alugueiro de sete plantas do emblemático edificio Torre Cepsa, un dos catro rañaceos situados na parte alta do paseo da Castellana, segundo informaron a Europa Press fontes coñecedoras da transacción.

A compañía estadounidense alugoulle a Pontegadea, a firma de investimento do fundador de Inditex, sete andares, que suman 11.550 metros cadrados, e cuxa renda oscila, segundo fontes de mercado que cita 'El Confidencial', entre 23 e 28 euros por metro cadrado. 

A operación coñécese catro meses despois de que Pontegadea pechara a compra de parte da sede central de Amazon en Seattle nunha operación valorada en 740 millóns de dólares (655 millóns de euros), o que se traduce no seu maior compra nos Estados Unidos e a segunda maior da súa historia, despois da realizada o pasado verán en Londres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí