CRTVG

Buscar

Amancio Ortega merca o hotel Senator de Rota

Publicado o 01/02/2021 21:20
Amancio Ortega merca o hotel Senator de Rota

Amancio Ortega acaba de mercar o hotel Senator Playaballena, situado na localidade andaluza de Rota, en Cádiz.

A operación tivo un custo aproximado duns 25 millóns de euros. O complexo de catro estrelas sitúase na coñecida zona turística de Costaballena. Con esta nova adquisición, o fundador de Inditex segue reforzando os seus investimentos inmobiliarios a través da seu grupo empresarial Pontegadea.


 

Noticias web

01/02/2021