CRTVG

Buscar

Amancio Ortega doa 63 millóns de euros de material médico

Publicado o 31/03/2020 19:16
Amancio Ortega doa 63 millóns de euros de material médico

Amancio Ortega vai facer unha nova entrega de material sanitario a España, desta vez por valor de 63 millóns de euros. Uns cartos cos que adquiriu 1.450 respiradores para as UCI, 3 millóns de máscaras, 1 millón de tests de detección do coronavirus e 450 camas hospitalarias, entre outro material. A primeira parte do envío xa está en España e o resto agárdase que chegue na primeira quincena de abril.




 

Noticias web

31/03/2020