Amancio Ortega convértese co 5 % do capital no primeiro investidor privado de Red Eléctrica
Publicado o 29/07/2021 20:56

O grupo Pontegadea, o conglomeado de empresas que xestiona a fortuna persoal de Amancio Ortega, entra co 5 % do capital en Red Eléctrica, a empresa que xestiona a rede de alta tensión en España. O fundador de Inditex convértese no primeiro investidor privado de Red Eléctrica.
Pontegadea tamén comunicou hoxe que o grupo que tutela os numerosos investimentos inmobiliarios de Ortega, gañou en 2020 666 millóns de euros, un 62,5 % menos que en 2019. Así que a pandemia mundial de coronavirus impactou tamén nas finanzas persoais do home máis rico de España, Amancio Ortega, que, segundo Forbes, ten unha fortuna de 66.000 millóns de euros.