CRTVG

Buscar

Amancio Ortega cobra este luns uns 813 millóns de euros

Publicado o 03/11/2019 20:47
Amancio Ortega cobra este luns uns 813 millóns de euros

O fundador e principal accionista de Inditex, Amancio Ortega, incrementará este luns a súa fortuna persoal nuns 813 millóns de euros.

Esa candidade é o segundo pagamento do dividendo aprobado pola compañía do exercicio do 2018. Ortega controla un 59,29 por cento do accionariado de Inditex.

Tras o primeiro pagamento, aboado en maio, embolsa preto de 1.630 millóns de euros en dividendos a través das sociedades Pontegadea Inversións e Partler. Segundo a lista Forbes, Amancio Ortega é o sexto home máis rico do mundo.

Noticias web

03/11/2019