CRTVG

Buscar

Amancio Ortega cae ao cuarto posto da lista 'Forbes' dos máis ricos do mundo

Publicado o 20/03/2017 21:05

O fundador de Inditex descendeu dous postos na lista a pesar de que aumentou a súa fortuna nun 6,4% no último ano, ata 66.290 millóns de euros. Na lista aparecen outros 24 españois, entre eles a súa filla, Sandra Ortega

O fundador de Inditex, o galego Amancio Ortega, descendeu do segundo ao cuarto posto na lista da revista 'Forbes' dos máis ricos do mundo, a pesar de que aumentou a súa fortuna nun 6,4% no último ano, ata 66.290 millóns de euros. Na lista aparecen 25 españois, catro máis que en 2016.

No ranking, Amancio Ortega é superado polo multimillonario Warren Buffet e o fundador de Amazon, Jeff Bezzo. Con todo , Ortega é a persoa "máis rica de Europa" así como tamén do sector do comercio minorista global, segundo sinalan dende a publicación que elabora a lista. Apuntan que habitualmente Ortega recibe 372 millóns de euros cada ano e que con eses cartos creou unha maior carteira inmobiliaria con edificios en Madrid, Barcelona, Londres, Chicago, Miami e Nova York.

Ademais de Amancio Ortega, na lista que elabora a revista 'Forbes' figuran outros 24 españois tras a incorporación de catro novos ricos aos 21 que xa figuraban na publicada en 2016. Cabe destacar que o segundo patrionio nacional da lista corresponde á filla do fundador de Zara, Sandra Ortega, que baixa do posto 178 ao 209, malia que a súa fortuna incrementouse ata os 6.230 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017