CRTVG

Buscar

Amancio e Sandra Ortega, as maiores fortunas de España

Publicado o 03/11/2020 21:14
Amancio e Sandra Ortega, as maiores fortunas de España

Galicia lidera a clasificación das fortunas españolas. E é que, un ano máis, repite na cabeceira da lista Amancio Ortega, o fundador de Inditex. É a primeira fortuna de España, cun patrimonio de 57.000 millóns de euros.

A cifra é máis pequena que a de 2019, pero aínda así equivale á dos 45 millonarios seguintes da lista. No segundo posto está a súa filla Sandra Ortega, cunha fortuna de 5.600 milóns. E no terceiro o presidente dos supermercados Mercadona, que ten 4.100 millóns de patrimonio, e adianta a Rafael del Pino, o accionista maioritario de Ferrovial, que queda en cuarta posición con 3.200 millóns.


 

Noticias web

03/11/2020