CRTVG

Buscar

Amador Castro, Rosa Aneiros e Emma Pedreira reciben os Premios Xerais

Publicado o 19/10/2019 21:34

O Museo do Mar de Galicia acolleu este serán a entrega dos tres Premios Xerais no ano en que a editorial viguesa que os concede celebra o seu 40 aniversario. Amador Castro recolleu o trixésimo sexto Premio Xerais de Novela por unha historia de paraísos perdidos coa emigración galega a Barcelona de fondo. 

A crise ecolóxica é o eixe do relato co que Rosa Aneiros conseguiu o trixésimo cuarto premio Merlín de Literatura Infantil, mentres que o Jules Verne de Literatura Xuvenil recoñeceu o orixinal achegamento de Emma Pedreira ás autoras inglesas da época vitoriana. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019