CRTVG

Buscar

Amador Castro, Enma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadores dos Premios Xerais 2019

Publicado o 08/06/2019 19:47

Amador Castro, Enma Pedreira e Rosa Aneiros son os gañadores dos Premios Xerais 2019. A festa de entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro, coincidindo coa aparición dos libros editados das obras gañadoras, que se veñen de anunciar. "Shangai a Barcelona" de Amador Castro gaña o Premio Xerais de Novela, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil será para "Os corpos invisibles" de Pedreira e o Premio Merlín de Literatura Infantil para “Xelís, o guieiro das botellas de mar”, de Aneiros.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2019