CRTVG

Buscar

Alvedro pecha media hora tras o intento dunha pasaxeira de regresar ao avión por unha zona prohibida

Publicado o 19/12/2019 16:00
Alvedro pecha media hora tras o intento dunha pasaxeira de regresar ao avión por unha zona prohibida

Alerta no aeroporto de Alvedro despois de que unha pasaxeira se introducira por unha zona restrinxida da terminal. A muller decatouse na zona de equipaxes de que esquecera unha pertenza no avión e intentou volver á zona de embarque. Activouse a alarma de seguridade, polo que a Garda Civil puxo en marcha o protocolo. O aeroporto quedou pechado durante uns minutos, pero tras identificar a pasaxeira todo volveu á normalidade.

Noticias web

19/12/2019