CRTVG

Buscar

Alumnos e profesores regresan ao colexio tras as vacacións de Nadal

Publicado o 08/01/2019 12:49

Cos agasallos que deixaron os Reis Magos case sen estrear, hoxe toca regresar ao colexio. E, malia que a xélida mañá invitaba máis a quedar na cama que a erguerse, había ganas de volver ás aulas.

"Un pouco, e como tiña frío era mellor levantarme porque se non ía estar na cama máis tempo co frío. E ao poñer a roupa xa vai saíndo". "Bastante, pero hai que levantarse porque hai que empezar o segundo trimestre con bastante forza". "Bastante,  pero gustaríame máis estar na cama". "Non, non quería madrugar", din os pequenos.

E malia que as vacacións a algúns lle souberon a pouco, o reencontro cos amigos para xogar e contar como se portaron os Reis, a estrea dalgúns agasallos e o inicio dun novo trimestre son motivos suficientes para volver cargados de enerxía.

"Si, ho, porque se non como vou xogar? O meu irman está seguido estudando, non teño forma!". "Curtas, moi curtas". "Teño moitas ganas de ver agora mesmo as amigas e encontrarme outra vez con todos os amigos da clase e tamén co meu profesor", aseguran os nenos.

Un regreso ao colexio que devolve aos pais a ansiada volta á rutina.

"Sobre todo por eles, a rutina, os horarios, si, si que se agradece". "Ben, as vavación veñen moi ben, os pais un pouco máis coxos e xa volvemos á realidade esta de todos os días, é necesario". "Grazas a Deus, porque traballado o pai e a nai facemos números para ver onde se colocan". "Si, si que se agradece moito, sobre todo para conciliar vida", din os pais.

Por diante, un trimestre antes da chegada das vacacións de Semana Santa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019