CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Alumnos dun colexio de Vigo van a clase en bici

Publicado o 20/09/2017 14:32

Nenos e nenas de Vigo foron hoxe á escola en bici, sumándose a iniciativas de asociacións como 'A golpe de pedal', que queren introducir as dúas rodas nos traxectos cotiáns da xente. A policía local vixiou o percorrido, que foi un éxito, aínda que moitos dos rapaces non se animarían a facelo todos os días.

Ir ao cole en bici nunha cidade como Vigo semella unha utopía, pero hoxe foi posible para estes alumnos das xesuitinas grazas a unha iniciativa da asociación 'A golpe de pedal'. O grupo foi custodiado por dous axentes da Policía Local. Para a maioría dos cativos foi unha experiencia positiva, aínda que non todos se animarían a facelo todos os días.

Máis animados están Lisa e Pablo para repetir a experiencia.

A actividade completouse cun circuíto de educación vial no patio do colexio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí