CRTVG

Buscar

Alumnos dun colexio de Vigo queren bater a marca Guinnes de teatro exprés

Publicado o 18/01/2019 19:42

Miren que reto se marcaron varios ex-alumnos dun colexio de Vigo, que pertencen a aula de teatro do centro: queren bater a marca Guinnes de teatro exprés.

Ocorréuselles a idea ao saber que unha escola norteamericana representara o musical Annie en 13 horas. Ás 8 da mañá o coordinador da actividade entregoulles aos compoñentes do grupo e ao director, un guión teatral que ningún deles coñecía ata ese momento. A obra é "Love actually". Unha peza coa que terán que actuar máis de 13 horas para acadar o ansiado Guinnes.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2019