CRTVG

Buscar

O peche da fronteira impide a alumnos de Tomiño escolarizados en Portugal acudir a clase

Publicado o 15/04/2021 13:37

O peche da ponte internacional de Goián separa máis ca nunca aos nenos dos seus colexios. Antes tiñan un camiño de entre sete e quince minutos e agora invisten unha hora no traxecto polo desvío a Tui e pola saturación da ponte.

Berta fai un esforzo ímprobo por levar e traer a Cibrán todos os días para que non perda clase, pero xa leva perdida a conta do tempo que pasou nos atascos da ponte e os cartos de máis que gasta en combsustible.

Os cativos de infantil perderon clases cando os colexios pecharon en Portugal pero agora moitos seguen sen poder ir porque os pais non dispoñen de tanto tempo para levalos. Os pais están pendentes dos cambios nas restricións dous dous países cada quince días. Pero dado o reducidísimo impacto actual da pandemia a ambos os lados da ponte consideran necesario que se abra cun horario os traballadores e para estes escolares.

Os cativos, que vivían con normalidade entre os dous países, ven agora como cada día están máis afastados dun país que tamén consideraban o seu.

Noticias web

15/04/2021