CRTVG

Buscar

Alumnos de Ourense presentan 37 proxectos científicos en Expociencia

Publicado o 11/04/2019 20:01

Os alumnos de infantil e primaria do colexio Guillelme Brown de Ourense presentan hoxe 37 proxectos científicos na mostra anual Expociencia. Unha actividade que fai 18 anos de historia e que pretende fomentar entre os máis pequenos o interese pola ciencia e que poidan amosar de xeito práctico os seus coñecementos e as investigacións que realizaron. 

Este é un dos proxectos máis chamativos da Expociencia dos alumnos do colexio Guillelme Brown en Ourense. roque responde a catro preguntas sobre a materia, a forza e a luz e a enerxía. Pero aquí hai 37 proxectos que desenvolveron os nenos e nenas de infantil e primaria. E moitos falan do universo.

E este é o resultado do traballo colectivo de mestres e dos alumnos. A ciencia vista dun xeito práctico nunha mostra con xa 18 anos de historia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/04/2019