CRTVG

Buscar

Información Local A Coruña

Alumnos de distintos centros escolares particpan no rebumbio matemático

Publicado o 25/04/2014 20:34
Non sabemos se daquí sairá un Arquímedes ou un Tales de Mileto. Pero o que si sabemos é que estes rapaces que cursan 6º de primaria están entre os mellores resolvendo problemas matemáticos de toda a cidade da Coruña.

"A min dánseme ben dende pequeno", di Manuel, un dos participantes.

Para Victoria son máis divertidas que a lingua, porque "te fan pensar".

Participan no Rebumbio Matemático, un concurso que argallou hai xa 14 anos un recoñecido profesor agora xubilado, Manuel Pazos Crespo, "Koke" e que hoxe mateñen con esa mesma vocación os seus colegas.

"Isto naceu para que os alumnos se acostumaran a resolver problemas na aula de forma cooperativa", cóntanos Antonio, un dos organizadores dende que naceu este concurso.

E aínda que as matemáticas adoitan sacarnos as cores cada ano no informe Pisa, aquí atopamos verdadeiros expertos na materia con só 11 anos.

Os 15 mellores grupos pasarán á final galega, que se celebrará o vindeiro 23 d
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí