CRTVG

Buscar

A Xunta mantén que o decreto de alugueiro de vivendas do goberno central "frea" os arrendamentos

Publicado o 24/03/2019 17:33

Os  novos contratos de alugueiros de vivendas terán unha duración de cinco anos e unha fianza máxima de tres meses, debido ao decreto aprobado recentemente polo goberno cenrtal. Unha norma que, segundo denuncia a Xunta, provoca "temor" no propietario á hora de arrendar unha casa. 

Os contratos de alugueiro de vivenda teñen que asinarse agora conforme ao decreto que entrou en vigor hai só dúas semanas. Para a conselleira de Vivenda, esta norma, a segunda que aproba o goberno central nos últimos tres meses, provoca no propietario "inseguridade e temor" a arrendar.

Na mesma entrevista, Ángeles Vázquez anunciou un incremento das axudas da Xunta para o alugueiro de vivendas destinadas a mulleres vítimas de violencia machista. A cuantía varia dependendo da localidade onde se arrende a casa, unhas bonificacións que entrarán en vigor en abril con carácter rectroactivo dende o un de xaneiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019