CRTVG

Buscar

Alugan en Lugo un local comercial por un euro ao mes durante o primeiro ano

Publicado o 16/06/2020 14:42

Un euro ao mes durante o primeiro ano. Esta é a cantidade simbólica fixada para o alugueiro deste local comercial. Despois dun tempo parado, apostaron por remodelalo e sacalo de novo ao mercado cunhas condicións especiais. O único requisito é asinar o contrato por cinco anos.

"Decidimos alugalo o primeiro ano por un euro ao mes para axudar a reactivar o comercio de Lugo. O único requisito é que o contrato se ten que facer por cinco anos. O primeiro ano o alugueiro custará un euro ao mes e os catro seguintes segundo o prezo do mercado, que nesta zona anda nos mil e pico euros", sinala Fernando García, propietario do local en alugueiro.

O local está situado no centro da cidade e dispón de tres andares que suman unha superficie de máis de 500 metros cadrados.

"Está situado nun lugar privilexiado ao lado do Multiusos da Xunta e do edificio de sindicatos e a un paso dos bancos ou institucións como a Deputación ou o Concello. O local ten unha planta principal que é a planta baixa, que ten 210 metros cadradros, unha entreplanta de 150 e un soto duns 200", sinala Fernando García, propietario do local en alugueiro.

Agora o teléfono non para de soar e xa hai arrendatarios interesados no local.

Noticias web

16/06/2020