CRTVG

Buscar

Alugaba os seus cans nas redes sociais para infrinxir o estado de alarma

Publicado o 25/03/2020 11:00

As medidas impostas pola situación de estado de alarma xeran novas formas de picaresca. Un home dedicábase a alugar os seus cans, mediante anuncios nas redes sociais, para facilitar, ao parecer a cambio de cartos, que os seus "clientes" puidesen infrinxir as limitacións de movementos impostas.

Axentes do Seprona da Coruña identificaron e denunciaron esta persoa, tras cominala a que cesara inmediatamente esta actividade, para a que ademais non tiña ningún tipo de autorización, nin de actividades de cría nin de cesión de animais de compaña.

A actuación da Garda Civil non foi suficiente, porque a mesma persoa volveu publicar dous anuncios similares, así que foi denunciado de novo. As dilixencias remitiranse á Subdelegación do Goberno na Coruña por incumprimento do estado de alarma, e á Consellería de Medio Ambiente por incumprir a Lei de benestar animal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí