CRTVG

Buscar

Aluga un piso na Coruña e acaba tendo ocupantes ilegais, que o alugaron a outros á súa vez

Publicado o 29/05/2020 16:33

Juan Antonio Feijóo leva 14 meses sen poder entrar no piso que herdou do seu pai. Os inquilinos deixaron de pagar a súa renda e cando quixo botar man da vivenda atopouse con que unha familia a ocupaba ilegalmente.

As denuncias dos veciños á policía por ruídos e cheiros volveron alertar o propietario, que aproveitou unha saída para cambiar a porta. Cando volveu, tiña de novo a vivenda ocupada.

Juan segue facéndolles fronte aos gastos do seu piso. O proceso de desafiuzamento xa tiña data marcada. A emerxencia sanitaria atrasouna e, polo momento, non sabe cando poderá dispoñer da súa propiedade.


 

Noticias web

29/05/2020