CRTVG

Buscar

Alu Ibérica despide catro membros do comité de empresa

Publicado o 12/02/2021 08:46

Despidos fulminantes na planta de Alu Ibérica da Coruña. A empresa prescinde de catro membros do comité de empresa, entre eles o seu presidente Juan Carlos Corbacho.

Alu Ibérica atribúelles accións violentas durante a folga que fixeron o 17 de decembro de 2020. Houbo un enfrontamento entre os membros do comité a algún directivo da empresa.

A empresa sinalou que se produciu algunha agresión e hospitalizaron unha persoa. O comité nega os feitos e responderá nas próximas horas aos despedimentos.

Noticias web

12/02/2021