CRTVG

Buscar

Altas temperaturas no litoral de Pontevedra e Ourense

Publicado o 21/07/2020 14:52

Outra xornada de moita calor no sur de Galicia e, mesmo con máscara, as praias son a táboa de salvación para moitos. O uso da máscara na praia está a causar inquedanza entre os deportistas. Poucos teñen claro como hai que facer. En Ourense e no litoral pontevedrés as temperaturas estarán por riba dos trinta e seis graos, situación que se manterá os días vindeiros. Algúns xa saben como van levar estes días de calor. 

O anticiclón dos Azores segue a protexer a comunidade das borrascas que circulan polo Atlántico. No norte, a humidade deixa un ambiente gris e nas costa de Lugo e A Coruña haberá nubes baixas e vento forte do nordés.

Noticias web

21/07/2020