CRTVG

Buscar

Alta ocupación hoteleira en xullo en Galicia, especialmente nas Rías Baixas

Publicado o 15/07/2019 14:48

Cada verán son moitos os que elixen Galicia para pasar as súas vacacións. Para algúns deles é o primeiro día en que pisan a area e colocan o parasol. Outros, pola contra, acaban as vacacións e xa lle din adeus á praia de Silgar.

O mes de xullo está a ter unha alta ocupación hoteleira nas Rías Baixas. E en agosto, as previsións dos hostaleiros son aínda mellores.

Paula Tilve, directora comercial do Gran Talaso Hotel Sanxenxo, explica que na primeira quincena tiveron unha ocupación de máis do 90 por cento, e que en agosto agardan superar esa porcentaxe.

E é que os que optan por Galicia para veranear teñen claro o que buscan: praia, gastronomía e ambiente. 

En definitiva, un lugar idóneo para gozar da praia, do mar e da gastronomía, e relaxarse, baixo o ceo galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/07/2019