CRTVG

Buscar

Alta ocupación hoteleira en Ferrolterra pola xura da bandeira desta fin de semana

Publicado o 25/01/2019 14:38

Os negocios de hostalería de Ferrolterra teñen por diante unha fin de semana bastante animada falando de traballo, porque mañá é o día da xura de bandeira para máis de trescentas persoas na Estación Naval da Graña. Os mariñeiros protagonistas son 278 e traerán a Ferrol numerosos visitantes que van pasar a noite nos hoteis da zona. Algúns van estar a tope de ocupación.

Na asociación de hostaleiros valoran o evento militar que atrae visitantes a Ferrolterra e lembran a epoca da mili obrigatoria en que había varios ao ano. Os asociados suman 2.800 camas.

Hoteis e restaurantes de Ferrol prevén unha boa fin de semana que, a estas alturas de xaneiro, significa unha reactivación importante tras a baixa posnadal.
 

Noticias web

25/01/2019