CRTVG

Buscar

Alta demanda nas academias de oposicións con novos modelos de formación

Publicado o 01/12/2020 13:44

Aulas baleiras pero a demanda disparada. As academias de oposicións traballan a pleno rendemento, aínda que, debido á pandemia, cambian os modelos de ensinanza.

Alfonso Villares, socio fundador de Nós Oposicións explica: "A pandemia obrigounos a reinventarnos. No noso caso, transmitindo clases en directo".

Só en Galicia, a Xunta prevé lanzar o vindeiro ano máis de 7.000 prazas de emprego público. A oferta, de cumprirse, suporía un aumento do 43 por cento con respecto ao ano anterior e incluirá alguns dos exames que non puideron celebrarse este ano por mor da covid−19.

Laura Ferro, coordinadora de oposicións en Campus Training, di que o cambio de datas dalgúns exames é unha das razóns da desmotivación dos opositores. "Nós temos titoras que traballan de preto cos alumnos para axudarlles a organizarse e manter esa motivación".

Unha carreira de fondo para conseguir un posto de traballo para toda a vida.

Noticias web

01/12/2020