CRTVG

Buscar

Polo menos 4 mortos e 20 feridos polo colapso dunha ponte en Taiwán

Publicado o 02/10/2019 13:08

O colapso dunha ponte nunha baía do leste de Taiwán causou catro mortos, dous desaparecidos e unha vintena de feridos.

Entre os feridos está o condutor dun camión cisterna que circulaba polo viaduto cando este cedeu, momento que foi gravado por unha cámara de seguridade. Máis de 60 soldados taiwaneses participan nos traballos de rescate.

As autoridades investigan as causas do colapso que ocorreu poucas horas despois de que un tifón atravesara o país asiático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019