CRTVG

Buscar

Almuíña tende a man aos profesionais para sacar adiante un novo modelo de Atención Primaria

Publicado o 05/03/2019 14:30

O conselleiro de Sanidade tende a man a todos os colectivos profesionais para sacar adiante un novo modelo de Atención Primaria. Hoxe, sociedades científicas e colexios non acudirán á reunión cos grupos de traballo que ten en marcha a Xunta para avanzar nas negociacións.

Vázquez Almuíña agarda seguir contando con eles e fará outra convocatoria. Di que quere seguir escoitando a todo o mundo porque é un proceso moi participativo cun gran debate, e cre que iso é positivo.

Noticias web

05/03/2019