CRTVG

Buscar

Almuíña substitúe a López Veiga á fronte do porto de Vigo

Publicado o 19/11/2020 20:39

A Autoridade Portuaria de Vigo cambia de presidencia e o exconselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, relevará a Enrique López Veiga, que estivo cinco anos no cargo.

A proposta de Almuíña formaba parte dunha quiniela de, polo menos, catro nomes, e será aprobada no Consello da Xunta deste venres.

Ampliar espazos e o tren a Bouzas serán os retos da nova etapa. Na Coruña tamén hai cambios e Martín Fernández reemprazará a Enrique Losada.

Noticias web

19/11/2020