CRTVG

Buscar

Sanidade coordinará en Galicia as medidas que se tomen relacionadas co coronavirus

Publicado o 07/03/2020 12:51

Os conselleiros de Sanidade e de Economía reuníronse na mañá deste sábado con membros de asociacións empresariais de distintos sectores económicos, presidentes de cámaras de comercio e membros da Confederación de Empresarios de Galicia, para informalos dos labores de coordinación que se puxeron en marcha e daqueloutras que poden ser implementadas no futuro respecto á crise do coronavirus.

Jesús Vázquez Almuíña di que son catro os afectados en Galicia por esta enfermidade, e que se irá dando información puntual de canto vaia acontecendo.

Noticias web

07/03/2020

Máis sobre actualidade