CRTVG

Buscar

Almudena del Pozo (PYMAR): "Podemos competir grazas á especialización e á innovación"

Publicado o 13/03/2018 10:32

Almudena del Pozo, conselleira delegada de PYMAR, Pequenos e Medianos Estaleiros, acudiu á entrevista do 'Bos Días' para falar da actualidade no sector.

"2017 foi un ano moi positivo para os estaleiros privados galegos. Contratáronse 47 millóns de euros en doce novos buques, e 2,4 millóns de horas de traballo".

"Na medida en que as condicións de crédito melloraron, e tendo o respaldo das administracións, o futuro pode ser moi positivo".

"O que nos permite competir é a especialización en mercados nos que hai moita sofisticación, buques novidosos e innovadores. Iso é o que nos permite competir".

"Un oceanográfico -buque de investigación- para Kuwait é un dos nosos actuais encargos. Tamén algún cruceiro".

"Este ano os estaleiros galegos teñen unha posición destacada. Noutros momentos foron os asturianos ou os vascos. Aledámonos moito de que os galegos acaden esta posición, pero a competencia está fóra, en Europa e noutros países".

"Este é o segundo ano que o noso país está en segunda posición por unidades construídas en Europa".

"Competir con Asia é competir cunha man atada ao lombo. Eles teñen unhas condicións, con axudas directas, que nós temos prohibidas pola política de competencia".

"O desafío é manter e mellorar estes datos. Que o ano que vén sexamos os primeiros en Europa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018