Almeida pídelle a Vox que non poña vetos preventivos nas negociacións sobre a Comunidade de Madrid
O alcalde de Madrid pídelle a Vox que non poña vetos preventivos nas negociacións do goberno da comunidade. Vox paralizou esas conversas como protesta pola non asignación de concellerías no novo executivo municipal.
O alcalde, José Luis Martínez Almeida, nega que se estea incumprindo o pacto e pídelle a Vox que non mesture as discrepancias a nivel municipal coas negociacións para investir a Isabel Díaz Ayuso como presidenta da comunidade.
José Luis Martínez-Almeida, alcalde de Madrid, dixo: "Desminto que houbese un incumprimento por parte do Partido Popular e, ademais, creo que ese incumprimento non se debe facer pesar sobre a Comunidade de Madrid e a negociación da Comunidade de Madrid. O que pase no Concello de Madrid é unha cousa e o que pase na Comunidade de Madrid é unha cuestión absolutamente distinta".