Allariz celebra a Festa do Boi ata o domingo que vén
Publicado o 17/06/2019 12:44
En Allariz comezou esta fin e semana a Festa do Boi, que se vai a prolongar ata o domingo que vén.
Nove días de intensa celebración, con carreiras, música e eventos medievais. A asociación Xan de Arzúa publicou un folleto cos consellos para participar con seguridade nesta festa, respectando os animais. Aos bois non se lle pode tocar, só os homes do sedeño o poden manexar.
Esta tarde os nenos serán os protagonistas, sairá o boi infantil. Despois, ás oito, como cada día, haberá carreira. Trátase dunha festa declarada de interese turístico de Galicia.