CRTVG

Buscar

Allariz e Vigo figuran entre os destinos turísticos favoritos dos españois para este 2020

Publicado o 13/01/2020 14:58

En Allariz contan que xa o veñen notando dende hai tempo.

"Camiñando pola rúa escoitas xente e ves que non son de aquí, que hai bastante movemento de xente de fóra."

E contan tamén en Vigo que xa o veñen notando dende hai tempo.

"Parece que cada vez vén máis xente. Coas festas, coas luces...".

Confírmao un estudo da compañía de viaxes en liña Atrápalo, que inclúe ambas as dúas localidades galegas entre os destinos turísticos favoritos dos españois para este 2020.

"Boa cousa para a cidade e para toda a xente que traballa por aquí, loxicamente".

Vigo, ao igual que Granada, entra por primeira vez na lista dos dez destinos urbanos do ano.

"Vigo é bonito en calquera época do ano".

O Dinoseto aparece mencionado no estudo como un máis dos atractivos vigueses.

"Comprendo que Vigo ten uns arredores que pagan a pena. A cidade tamén". "Diferentes recunchos culturais por aquí escondidos que mirar". "Pero, sobre todo, os arredores e as illas Cíes".

Allariz métese este ano entre as dez localidades españolas recoñecidas como destinos ideais de escapada, de viaxe curta de entre unha e tres noites.

"Non fixemos guía turística, estamos un pouco ao que vaia vindo". "A zona histórica, a ponte romana, a Festa do Boi, que é moi importante aquí, en Allariz". "É unha vila moi ben feita, cunha zona histórica interesante para vir pasear". "Das que mellor se recuperou de Europa".

Recibirán moitas visitas, se se confirma a tendencia para 2020. Do 2019, Atrápalo di que un dos tres monumentos históricos favoritos foi a catedral de Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020