CRTVG

Buscar

Alívianse as restricións en Ferrol e Narón ao recuperaren o peche perimetral conxunto

Publicado o 12/12/2020 15:36

A melloría de Narón permítelle pasar das restricións máximas a un nivel medio-alto, o mesmo en que está tamén Ferrol. Xa que logo, dende hoxe ambos os concellos volven quedar delimitados cun peche perimetral conxunto.

A nova situación permite que 106.000 habitantes volvan compartir espazos. Cae a división administrativa e sanitaria que nalgunhas zonas resultaba difícil de respectar. Por exemplo, nas grandes áreas comerciais do polígono da Gándara, onde nos últimos días o acceso estaba restrinxido a uns ou outros veciños, en ocasións por tan só uns metros de diferenza. En moitas rúas unha beira pertence a Ferrol e outra a Narón.

Narón recupera a hostalería coas mesmas restricións que tiña Ferrol: un 30 por cento no interior e 50 por cento en terraza, con apertura ata as cinco da tarde.
Anxo reencóntrase hoxe cos seus clientes. Volve abrir a súa cafetería logo dun mes e medio pechada e aínda con traballadores en ERTE. 

Malia o alivio das restricións, a poboación procura manterse alerta. O concello de Neda, lindeiro con Narón, queda cunha vixilancia especial nos vindeiros días.

Noticias web

12/12/2020