CRTVG

Buscar

'Alimentación consciente', nova campaña da Cruz Vermella

Publicado o 18/10/2021 14:58

A campaña naceu durante a pandemia, en que a Cruz Vermella detectou un empeoramento da alimentación. E finalmente a idea madurou nesta iniciativa de 'Alimentación consciente'. Os usuarios da Cruz Vermella recibirán consellos sobre unha alimentación saudable coa entrega de alimentos, pero a campaña vai dirixida a toda a cidadanía.

Grandes cociñeiros, produtores e nutricionistas colaboran coa campaña, que inclúe unha serie documental que no seu capítulo galego, e da man de Pepe Solla, dedica ao mexillón. Un produto de proximidade, sostible e tan rico en proteínas coma baixo en graxas. Na presentación desta campaña na praza de Pontevedra os que prepararon o mexillón foron os cociñeiros do restaurante compostelán A Horta do Obradoiro. E parece que con éxito.






 

Noticias web

18/10/2021