CRTVG

Buscar

Alicia Estévez, premio Wonenburguer polo seu labor na acuicultura

Publicado o 03/12/2018 23:10

O papel na ciencia, e concretamente na acuicultura, levou a Alicia Estévez a recibir o premio Wonenburguer 2018, que concede a Unidade da Muller e Ciencia impulsada pola Xunta. O seu traballo no diagnóstico, prevención e control de enfermidades na acuicultura fai visible o papel da muller nesta área científica.

Ao acto acudiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Igualdade, Susana López Abella, ademais doutros conselleiros e diferentes autoridades. Todos incidiron na necesidade de poñer en valor as mulleres que traballan polo progreso e pola ciencia, despois de séculos relegadas ao plano secundario, cando menos.

Esta microbióloga dirixe o grupo de Patoloxía en Acuicultura da USC, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia en que traballan unha trintena de persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2018