CRTVG

Buscar

Algúns países xa lle dixeron adeus ao 2020

Publicado o 31/12/2020 18:36

Os fogos artificiais iluminaron a cidade de Auckland, en Nova Zelandia, onde recibían deste xeito o novo ano.
Igual que na cidade máis poboada de Australia, en Sidney, onde organizaron os seus famosos fogos, pero sen público masivo no centro da cidade. Unha imaxe inusual porque este espectáculo, que ten como escenario a ponte da Baía e a Casa da Ópera, aglutina cada ano preto dun millón de persoas.

Pouco antes, xa recibiran 2021 os habitantes de Kiribati e de Samoa, no Pacífico Sur, onde entran antes ca ninguén no novo ano. Alí e en todo o mundo as celebracións de Aninovo redúcense ao mínimo polo coronavirus.

En Perú aínda tardarán algo máis en darlle a benvida a 2021, pero xa comezaron cos rituais, con referencias explícitas á pandemia e con moi bos desexos, pero sen máscara.

Agardamos que estes desexos se cumpran e que se recupere a normalidade canto antes. De momento, toca despedir 2020 con todas as precaucións.
 

Noticias web

31/12/2020