CRTVG

Buscar

Algúns institutos poñen pantallas para separar o alumnado

Publicado o 18/09/2020 15:22

Conta atrás nos institutos para a volta ás aulas o próximo mércores. A reorganización do espazo para un regreso seguro obriga a desdobrar clases, facer quendas e, nalgúns casos, instalar pantallas.


Non podían prescindir desta aula de informática e faltaba moitos espazo entre postos. Así que neste instituto pontevedrés tiraron de pantallas de cartón e plástico para resolver, de xeito económico, un dos moitos desafíos deste curso.

"Atopamos esta solución porque realmente non hai material anticovid, hai separadores físicos de postos de traballo. É uha empresa de Porriño ofreceunos estas pantallas de baixo custo que son de cartón de panel de abella e plástico e teñen a vantaxe de que se poden cambiar fácilmente se rompen", di David Alvariño, director do IES Frei Martín Sarmiento.


Loitan contra o reloxo e os problemas de espazo para a volta segura dos seus 1.100 alumnos. Un difícil crebacabezas, onde houbo que mover mobles, horarios e aulas e tamen pedir profesorado para que as pezas cadren.

"Nós solicitamos catro docentes que nos confirmaron o mércores. Non podemos solicitar moito máis porque tampouco temos espazo. Sen espazo non hai posibilidade de facer máis desdobramentos. O crebacabezas encaixa con exactitude", explica David Alvariño. 

Traballan arreo para recibir o alumnado o vindeiro mércores. Os de secundaria irán de mañás, os de bacharelato polas tardes. Pero todos terán unha materia común, a de aprender a gardar as distancias.


 

Noticias web

18/09/2020