CRTVG

Buscar

Algúns colexios galegos xa "flippean" nas aulas

Publicado o 09/02/2017 13:40

Trátase dun novo método educativo importado dos Estados Unidos que consiste en deixar a teoría para a casa e os deberes para a clase

Simón na súa casa non fai deberes nin de matemáticas, nin de física, nin de química. Soamente prepara a teoría. Despois de ter interiorizadas as leccións é hora de chegar á escola e dedicar a clase a facer os deberes, preguntar as dúbidas e afianzar conceptos. É o novo modelo educativo coñecido como 'flippear', en definitiva, trátase de inverter o modelo educativo tradicional.

Un sistema que mellora a motivación e a atencióndos alumnos que se volve máis flexible e individualizada.

O sistema que comezou a experimentarse nos Estados Unidos hai dez anos con moi bos resultados xa está presente en varios centros educativos de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2017