CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Algunhas suxestións de lecturas para o verán

Publicado o 12/08/2017 13:39

Que libro levar á praia nas vacacións? Esta é unha pregunta que intentan contestar as listas de libros recomendados que nesta época se multiplican en todos os medios. Nós tamén temos as nosas suxestións. Somerxerse nunha novela de intriga de 400 páxinas ou nun longo ensaio sobre a orixe da humanidade. Necesítase tempo. E o verán vese como unha oportunidade para recuperar as lecturas pendentes. Hainos que fan listas e entran nas librerías con ansia, con moita ansia.

Novela, ensaio, poesía. Que nos suxiren os libreiros entre os milleiros de opcións? Pois, por exemplo, novela histórica, que segue tendo moitos fieis, e en galego.

Ou literatura para mozos e adultos escrita por mulleres. Dous titulos. INSERTO Pero non só de ficción viven os lectores. Un título de historia e antropoloxía social que dende a súa publicacion hai tres anos se converteu nun supervendas.  

Por certo que os supervendas do verán nalgunha librería son dous títulos que xa podemos considerar clásicos populares. E de paso que nos recomendan títulos os libreiros, desvélannos os seus lugares preferidos de lectura en verán.

Xa o saben, sexa na praia, debaixo dun piñeiro ou na butaca da sala, non se esquezan do libro. Para pensar ou soñar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

12/08/2017