CRTVG

Buscar

Algunhas prazas de abastos galegas xa venden a domicilio por Internet

Publicado o 25/03/2019 22:19

O pequeno comercio súmase, cada vez máis, ao comercio electrónico. Moitas tendas de varias prazas de abastos galegas xa venden por Internet os seus produtos, a travén dunha plataforma online, e envíanos a domicilios de toda a península en menos de 48 horas.

Os mercados de Galicia, nas instalacións das prazas de abastos, manteñen a tradición de ofrecer produto de calidade, de tempada, local e de proximidade. Pero para quen non dispón de tempo para ir mercar nos seus horarios de apertura, de mañá, ou para trasladarse porque non as ten próximas, algunhas prazas de abastos galegas, apostando pola innovación, xa venden por Internet.

Miguel García, praceiro dunha tenda de alimentación do mercado coruñés de Elviña: "Aí atrás intentamos, como hai un ano, facer nós, da nosa tenda particular, unha páxina web sós".

Nuria Santos, praceira dunha tenda de alimentación do mercado coruñés de Elviña: "Pero cando quixemos vender por Internet, para rendibilizalo tiñamos que vender moitísimo. Intentamos facer a web nós sós, pero para ter visibilidade tiñamos que pagar moito para posicionarnos. Non nolo podiamos permitir porque hai moita grande empresa que vende por Internet e non podiamos competir".

Máis doado, máis económico, máis seguro e máis visible facelo acolléndose á iniciativa conxunta. Tendeiros de varias prazas galegas coma desta coruñesa de Elviña, son os primeiros participantes da niciativa a tres anos, con investimento de 150 mil euros, da Xunta: plazasabastosgalicia.com. É un portal conxunto no que os praceiros xa venden por Internet.

Pablo Barbeito, praceiro dunha tenda de alimentación do mercado coruñés de Elviña: "Xa estamos os primeiros integramos pero queremos que se unan, cando queran, os máis posibles, xa que dentro de Fepragal, da Federación de Prazas de Galicia, somos medio milleiro de familias. Polo momento, os que xa estamos no porta plazasdegalicia.com servimos a domicilio para toda a Península Ibérica. Todos os produtos, mesmo os alimentarios frescos, chégaches aos clientes en perfecto estado. Agora temos uns sistemas, como uns xeles punteiros, que permiten que todo o produto, mesmo os peixes frescos, non perdan ningunha propiedade no traslado, durante o envío, que cheguen ás casas ten perfectísimas condicións. No casos das carnes, xa é máis doado, pero se o cliente quere, xa llas podemos enviar ata envasadas".

Da praza á casa, en menos de 24 horas, se o cliente lles fai o pedido antes das 14.00 horas, de luns a venres. Forá dese horario, chégalles o paquete nun prazo máximo de dous días. Se se fan varios pedidos a varios postos ou tendas pero dentro dunha mesma praza de abastos, cobran un único porte ao cliente.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019