CRTVG

Buscar

Algunhas comunidades comezan a baixar a súa incidencia, pero aumentan as hospitalizacións

Publicado o 23/07/2021 20:37
Algunhas comunidades comezan a baixar a súa incidencia, pero aumentan as hospitalizacións
EUROPA PRESS

As comunidades autónomas notificaron este venres ao Ministerio de Sanidade 31.171 novos casos de COVID-19, 16.750 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son lixeiramente superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 31.060 positivos.   

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 4.280.429 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 677,67, fronte a 659,08 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 321.558 positivos. 

No informe deste venres engadíronse 27 falecementos, en comparación con 12 o venres pasado. Ata 81.221 persoas con proba  diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 92 persoas con diagnóstico de COVID-19 positivo confirmado en España.   

Actualmente, hai 7.955 pacientes ingresados por COVID-19 en toda España (7.618 onte) e 1.292 en UCI (1.240 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 1.335 ingresos (1.370 onte) e 983 altas (977 onte). A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 6,64 por cento (6,37% onte) e nas UCI no 14,10 por cento (13,52% onte).   

Entre o 13 e o 19 de xullo, as comunidades autónomas realizaron 1.230.419 probas diagnósticas, das cales 750.727 foron PCR e 479.692 test de antíxenos, cunha taxa global por 100.000 habitantes de 2.616,45. A taxa total de positividade sitúase no 15,74 por cento, fronte ao 15,81 por cento de onte

Noticias web

23/07/2021