CRTVG

Buscar

Algunhas cidades comezan a poñer sancións por tirar ao chan máscaras e luvas

Publicado o 29/05/2020 21:09

Imaxes coma estas son cada vez máis comúns. Atopamos máscaras e luvas tiradas polo chan, nos xardíns ou entre o mobiliario urbano e mesmo desprazándose dun lado a outro movidas polo vento.

"É unha vergonza e unha pena, somos pouco educados e pouco cívicos", "De vez en cando si que se ven, eu non, tíroa á papeleira ou métoa no bolsillo pero algunhas si que se adoitan ver", din algúns veciños de Lugo.

Para frear este mal hábito que pode supoñer un foco de infección moitas concellos contan xa con ordenanzas para sancionar a quen tire máscaras e luvas na rúa. É o caso por exemplo de Burgos, Cádiz ou Toledo, con sancións que van dos 100 aos 3000 euros e a medida parece ben acollida na rúa.

"Está ben, é nun canastro donde hai que tirala, hai xente de todo". "A min paréceme moi ben, e a única maneira de que aprendamos a comportarnos". "Si, que o poñan pero con sancións máis baixas", sinalan varios veciños en Lugo.

Aquí moitos concellos como o de Lugo, non teñen ordenanza específica, pero sinalan que entraría dentro da propia normativa de protección do medio ambiente.

"O que está prohibido é tirar lixo á rúa, non as máscaras en concreto, calquera tipo de lixo. É certo que este provoca unha sensación de inseguridade no cidadán", explica Álvaro Santos, concelleiro de Medio Ambiente da cidade de Lugo.

As imaxes invitan á reflexión dado que isto é un perigo para o medio ambiente e tamén para a saúde.

Noticias web

29/05/2020