CRTVG

Buscar

Algo máis que unha lavandería no centro histórico de Santiago

Publicado o 08/07/2020 19:33

Visitamos unha lavandería no centro histórico de Santiago que non o parece. Nas redes sociais cualifícana como a máis bonita do mundo e poida que o sexa. Nela, ademais de lavar a roupa, pódense admirar antigüidades ou gozar dun patio cheo de flores.

Mobles e obxectos antigos, carteis e fotos de músicos enchen este espazo na zona histórica de Santiago. Un local que, de non ser polas máquinas e a roupa alisada, non saberiamos que nos atopamos nunha lavandería. Un negocio que non quixo perder a esencia da cidade.

Nesta época, o negocio traballa só para hostalería, pero en tempos libres de coronavirus os principais clientes eran turistas e peregrinos. De feito, está pensada para facerlles a espera máis agradable.

Desde que en Twitter a cualificaron como a lavandería máis bonita do mundo, son moitos os curiosos que se achegan a visitala e descobren que noutro tempo foi farmacia ou descansan no seu fermoso patio interior cheo de flores.

Noticias web

08/07/2020