CRTVG

Buscar

Algas e depredadores ameazan o marisco en Noia e Ribeira

Publicado o 13/08/2019 14:11

Algas e depredadores poñen en perigo o bivalvo das praias nas concesións das confrarías da Barbanza e Noia. As confrarías e os produtores apuran os traballos para retiralos e evitar que prexudiquen o marisco. Un traballo que se verá reflectivo no outono cando se abran as campañas. A temperatura da auga e tamén as treboadas son os causantes de que aumente de forma considerable a presenza de verdello. En Noia unha vez extraído do mar, deposítano nun colector. Unha empresa especializada neste tipo de material acode á localidade para levarlo para a súa posterior destrución.

"Houbo este mal tempo, dous días seguidos do vento do sur e botou moito verdello contra as praias, en Broña e Boa-Taramancos. Quitamos nos dous sitios sobre corenta tractores dos grandes. E bueno quitámolo para terra porque senón pódenos asfixiar o marisco, se hai moita cantidade se se pousan nos bancos marisqueiros non ten osixenación o marisco nin se pode alimentar do fitoplacton e morre, non, por iso as quitamos e eu penso que agora ao estabilizarse un pouquiño máis o tempo pois quedaron incluso limpos os bancos marisqueiros e non vai haber perigo ningún", di Santiago Cruz, patrón Maior de Noia.

Noutras zonas hai problemas cos depredadores como en Ribeira. Extráenas con nasas. Iso si, teñen un tope diario, xa que non pode empregart máis de 75 nasas para atrapar depredadores. Normalmente, en cada xornada adoitan capturar entre 70 e 90 quilos, que ceiban lonxe dos bancos marisqueiros.

 "Este ano estase a facer unha experiencia de quitar depredadores con nasa. Facíanse quitas de depredadores puntuais todos os anos con mergulladores, pero só de estrela de mar. Este ano estase abarcando un pouco máis intentando quitar caramuxo, conguito, durmiñento e máis claro, algunha estrela que entra, para ver se mellora a producción e o reclutamento de alevíns, claro, que é o que máis se nota o que máis comen", asegura Andrés Martínez, presidente da Asociación de Produtores de Ribeira.

Un traballo que serve para que o marisco poda criar e obter mellores producións de cara ao outono cando se abren os bancos marisquieros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019