CRTVG

Buscar

Alfonso Zarauza roda no mar de Ons a película 'Ons'

Publicado o 15/11/2019 16:10

Un equipo de sesenta persoas leva un mes desafiando temporais e aproveitando o bo tempo para rodar un filme sobre unha parella que decide pasar na illa de Ons unha longa tempada. 

Ons, que así se vai chamar a película, esta dirixida por Alfonso Zarauza e participada pola televisión de galicia.  interpretada por Antonio Durán Morris e Melania Cruz. 

Alfonso Zarauza rodando no mar de Ons. O realizador e un equipo de sesenta persoas levan dende o sete de outubro filmando a súa nova película na illa que brinda o seu nome ao filme e que se converte na gran protagonista da película, Ons.

No inverno en Ons só quedan tres habitantes da illa, un deles Cesáreo Pérez Patiño, afeito a falar para os medios de comunicación que tamén participa na película como barqueiro. Hoxe ten rodaxe.

Ons conta a historia dunha parella chegada de Barcelona para intentar curar as feridas da súa relación.

Antonio Durán 'Morris' e Melania Cruz interpretan a Vicente e Mariña.

O cambiante clima da illa foi tamén un desafio. Para os personaxes que mudan de carácter coas estacións e para ese equipo que durante seis semanas e medio intenta rodar o inverno e o verán de Ons.

Ons é unha coprodución galego-portuguesa dun millón de euros de presuposto que conta coa participación de Televisión de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019