CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda pide que se reúna a comisión de seguimento da AP-9

Publicado o 16/09/2018 20:04

 O vicepresidente da Xunta non cre que a inminente remodelación do goberno galego vaia ter máis trasfondo que o relevo dos conselleiros José Manuel Rey Varela e Beatriz Mato para concorrer ás eleccións municipais.
 Nunha entrevista na Radio Galega, Alfonso Rueda, afirmou que cre que os cambios faranse en clave do día a día do goberno galego. Desde a Radio Galega, Rueda pediulle ó goberno central que convoque canto antes a comisión de seguemento da AP9 e que comprometa apoio económico para aliviar o colapso dos xulgados galegos.
 Sobre a comisión de investigación sobre o Marisquiño impulsada no Parlamento, asegura Rueda que se se tivesen dadas as explicacións necesarias no concello de Vigo, o PP non tería facilitado coa súa abstención a posta en marcha desa comisión. O vicepresidente atribúe a decisión dos socialistas de impulsar unha comisión no concello de Vigo sobre as relacións de Núñez Feijoo con Marcial Dorado ó nerviosismo de que se investigue o accidente do Marisquiño.
 De cara a próxima citas coas urnas, Rueda di que entre este mes e o que vén estarán concretados tódolos candidatos

Noticias web

16/09/2018