CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda insiste en pedir unha lei de saúde para evitar o estado de alarma

Publicado o 27/10/2020 14:39

Galicia tamén rexeita que o Goberno estableza o estado de alarma. O vicepresidente Alfonso Rueda insiste en que debe de existir unha lei de saúde que evite alarmismos e que danan, asegura, a economía.

"Cunha lexislación nacional de carácter sanitario, cada comunidade autónoma podería tomar as súas determinacións fronte á pandemia sen ter que recorrer ao estado de alarma, esta terminoloxía bélica que tanto lle gusta ao señor Sánchez, que vai ter na economía efectos demoledores, que se poderían evitar con esa lexislación que se nos prometeu e non se fixo nada dende o Goberno central", manifestou o vicepresidente.

Noticias web

27/10/2020