Alfonso Rueda: "Este é un escenario descoñecido e temos que estar preparados para todo o que veña"
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, atendeu a chamada do Bos días.
"Somos conscientes de que as residencias de maiores son un foco constante de posibles contaxios. Intentamos facer para que o impacto sexa o mínimo posible. Sobre se temos que revisar os contratos e as concesións das residencias xa miraremos cando chegue o momento. Non é a nosa prioridade agora. Hai que facer moitas cousas".
"Os galegos estamos levando este confinamento con moita paciencia. É verdade que hai xente reincidente e está habendo moitas denuncias, pero en xeral o comportamento é moi responsable. Este último mes mudou as nosas vidas".
"Son cousas que poden acontecer, temos que aprender para estar preparados. Sabemos que temos un magnífico sistema de saúde. Tomaremos decisións para estar máis preparados".
"Para poder repartir máscaras primeiro temos que telas. Case o 90% do material de protección é material que a Xunta está conseguindo e que se subministra nos sitios onde máis o necesitan, é dicir, nos centros sanitarios".